Temas: XUNTA SEGURIDADE

Os novos riscos laborais derivados da pandemia, nova fronte para a Xunta

Así o manifestou a directora xeral de Relacións Laborais no IV Congreso Internacional sobre prevención e seguridade ogranizado por asociacións profesionais de enxeñería e saúde laboral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou este xoves a importancia de vixiar os novos riscos laborais que están a xurdir no contexto laboral xerado pola covid-19 para facer fronte a eles e garantir a seguridade laboral dos traballadores.

Así o dixo na inauguración do IV Congreso internacional 'A prevención e a seguridade industrial 4.0 contexto covid-19', no que a responsable autonómica participou por videoconferencia.

O evento, organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (Cgti), a Asociación de profesionais de seguridade e saúde laboral de Galicia (Aprosal) e a Consellería de Emprego e Igualdade, a través do ISSGA, abordou os novos retos en prevención e seguridade industrial para loitar contra a pandemia.

No congreso, ademais, actualizáronse os contidos técnicos e normativos no ámbito da Industria 4.0, de especial relevancia nas empresas galegas. Así, os principais relatorios versaron sobre a adaptación da prevención laboral ao teletrabajo, a xestión ante a covid-19 nas empresas ou as enfermidades profesionais no contexto actual.

Mancha puxo en valor o traballo realizado polo Issga durante a crise sanitaria para garantir a seguridade dos traballadores galegos, destacando o "importante labor técnico e de especialización que leva a cabo para loitar contra a covid-19".

Así, lembrou, o Issga deseñou unha folla de ruta con medidas de diagnoses e análises e implementou plans de acción orientados a garantir a seguridade e saúde laboral do tecido empresarial galego, con especial atención ás pemes e os autónomos. A Xunta, de feito, atendeu preto de 700 consultas e elaborou 40 guías e protocolos sectoriais para garantir a seguridade dos traballadores na pandemia.

A directora xeral de Relacións Laborais durante a súa participación no encontro.. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press
A directora xeral de Relacións Laborais durante a súa participación no encontro.. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press

Temas: XUNTA SEGURIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta