Seguen altos os novos casos pero xa baixan de 600 tras unha fin de semana próximos aos 800

Son 597 os contaxiados, deles 155 en Vigo e 109 en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Os positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas descenderon a 597, deles 155 na área de Vigo e 109 na de Pontevedra. Son case 200 menos que os contabilizados diariamente durante o pasado fin de semana --775 o domingo e 755 o sábado--.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns na páxina web da Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, nos que se indica que na área sanitaria da Coruña e Cee detectáronse 104 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 87 na de Ourense; 55 na de Santiago e Barbanza; 48 na de Ferrol e 39 na de Lugo.

En canto aos casos activos, descenderon nas áreas de Santiago e Barbanza, que conta con 1.360 --12 menos que este domingo-- e na de Lugo ata o 983 --tres menos--, mentres que aumentaron no resto. En concreto, Vigo ten 2.072 --52 máis--; A Coruña, 1.575 --34 máis--; Ourense, 1.299 --23 máis--; Pontevedra e O Salnés 1.049 --55 máis-- e Ferrol, 954 --24 máis--.

Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo
Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Ata a data curáronse en Galicia 27.752 persoas, o que supón 422 máis que a xornada deste domingo. Desde o inicio da pandemia contaxiáronse por Covid-19 na Comunidade galega 37.966 persoas e leváronse a cabo, ademais, 401.091 probas serológicas.

FALECIDOS

Galicia rexistrou ata o momento 923 falecidos con coronavirus Covid-19, os últimos nove notificados na tarde deste domingo, cinco deles procedentes de residencias de anciáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta