Caída xeneralizada das vendas de coches en Galicia dende o comezo da pandemia

O retroceso é menor que a media española.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 2.807 matriculacións no mes de outubro, o que supón un 15% menos que no mesmo mes de 2019, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). Con todo, este retroceso é seis puntos inferior á caída do 21% que se rexistra en España en outubro, onde se venderon 74.228 unidades de automóbiles e todoterreos.

Entre xaneiro e outubro, nun ano marcado pola pandemia, o afundimento en Galicia das vendas de coches é do 29%, con 23.438 unidades matriculadas. Este descenso tamén está por baixo da media española (-36,8%).

"A evolución negativa da pandemia xunto coa incerteza respecto das consecuencias sociais e económicas da mesma provocan unha caída xeneralizada das vendas, que podería ser aínda peor sen os plans de apoio aprobados para o sector", explicaron o tres organizacións.

Unha muller abre un coche nun concesionario. IÑAKI BERASALUCE - EUROPA PRESS - Arquivo
Unha muller abre un coche nun concesionario. IÑAKI BERASALUCE - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta