A ópera 'Orfeo e Eurídice' de Gluck está de estrea

A Real Filharmonía de Galicia estrea a ópera 'Orfeo e Eurídice'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Real Filharmonía de Galicia vai pór en escena este xoves a ópera 'Orfeo e Eurídice' de Christoph Willibald Gluck en versión concerto, en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago, xunto ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, coa actuación do coro vía vídeo por mor da pandemia pola Covid-19.

Segundo informou a entidade, a cita será este xoves, 5 de novembro, ás 20,30 horas no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Tamén poderá seguirse en directo por streaming a través do Facebook e da canle de Youtube da RFG, e da plataforma www.tolemias.tv.

A batuta do concerto levaraa o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, o Mestre Paul Daniel. Contará coas voces da mezzosoprano Olga Syniakova no rol de Orfeo, a soprano Alicia Amo como Eurídice e a soprano Beatriz de Sousa no papel do Amor. 

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera 'Orfeo e Eurídice' de Gluck, co coro actuando vía vídeo.. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera 'Orfeo e Eurídice' de Gluck, co coro actuando vía vídeo.. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta