A Xunta alerta da venda de probas ilegais da covid-19 en establecementos non autorizados

Sanidade abriu varias investigacións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2020 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Xunta ten abertas varias investigacións en relación coa venda de probas ilegais de diagnóstico de coronavirus --como PCR, test de anticorpos e antíxenos-- en establecementos que non dispoñen de autorización sanitaria.

Material e hisopos para realizar probas PCR
Material e hisopos para realizar probas PCR | Fonte: Europa Press.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, o departamento de Inspección Sanitaria inmobilizou material cuxa venda está prohibida en locais que non contan coa pertinente autorización e no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios, mentres lembra que esas probas só poden ser manipuladas por profesionais sanitarios.

E é que subliña que esta actividade non ten garantida a súa seguridade nin a súa fiabilidade, polo que se desaconsella a súa utilización, xa que non se verifica o cumprimento dos requisitos técnico-sanitarios.

Ademais, agrega que neste tipo de probas a súa prescrición e interpretación debe estar mediada por un profesional sanitario para "evitar que unha mala interpretación do resultado conduza a consecuencias negativas de calquera índole".

De feito, para evitar danos, Sanidade remarca que está prohibido publicitar directamente ao público estes produtos sanitarios ao requirir que a súa aplicación sexa por parte de profesionais sanitarios.

En canto reactivos, produtos e demais instrumentos nestas probas, a Xunta destaca que deben cumprir coa normativa estipulada na Unión Europea e con distintivos que acreditan a súa seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta