O músico Teo Cardalda, nomeado presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia

Será quen represente os socios galegos ante a xunta directiva estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/11/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) anunciou a constitución do seu novo Consello Territorial en Galicia, que estará presidido polo autor e músico Teo Cardalda.

O músico Teo Cardalda, nomeado presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia. SGAE
O músico Teo Cardalda, nomeado presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia. SGAE | Fonte: Europa Press

A entidade explicou que, tras as eleccións do pasado 22 de outubro, os membros designados nas urnas celebraron a súa primeira reunión, na que elixiron Cardalda para exercer a representación directa dos socios galegos ante a xunta directiva da SGAE.

Teo Cardalda, fundador de grupos como Golpes Bajos ou Cómplices, sucede como presidente do Consello Territorial da SGAE en Galicia a outros dous músicos: Juan Rivas e Rodrigo Romaní. Cardalda ten experiencia previa nos órganos de goberno da SGAE, pois formou parte da súa Xunta Directiva.

O novo Consello Territorial da SGAE en Galicia, constituído en novembro de 2020, está composto por: Teo Cardalda, Miguel Costas, Alberto Gallardo e Raquel Rodríguez Fernández (representantes do Colexio de Pequeno Dereito); e Víctor Sierra e Sergio Moure (representantes do Colexio de Auviovisual).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta