A Cidade da Cultura transforma as Torres Hejduk nun banco sonoro e visual de memorias e experiencias do Camiño

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura acolle unha nova intervención artística na que se transforma ás Torres Hejduk nun banco sonoro e visual das memorias, pegadas e experiencias ao longo deste ano no Camiño de Santiago.

Trátase do proxecto 'A distancia da imaxe', inaugurado este xoves polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e que poderá visitarse ata o 7 de marzo do próximo ano.

A intervención foi a gañadora da pasada edición do 'Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk', convocado entre os participantes do IX Encontro de Artistas Novos (EAN9).

A obra foi impulsada polo Colectivo Cantz, formado polos artistas Felipe Romero (Colombia) e Marius Ionut Scarlat (Romanía).

Intervención artística no Gaiás. XUNTA
Intervención artística no Gaiás. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta