Folga indefinida na Escola Municipal de Música de Compostela a partir do 1 de decembro

A CIG-Ensino convoca o paro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino rexistrou a convocatoria de folga indefinida a partir do 1 de decembro nas instalacións da Escola de Música de Compostela. Segundo indica o sindicato, a convocatoria rexistrouse a protesta o pasado venres, da que xa se informou tanto ao Goberno local como á empresa concesionaria.

Escola Municipal de Música de Compostela
Escola Municipal de Música de Compostela | Fonte: Facebook da Escola.

A CIG denuncia a "situación insustentable" que viven os 21 empregados da escola, que seguen sen cobrar o salario íntegro desde hai case tres meses (tan só unha nómina o 6 de outubro, correspondente ao mes de agosto).

Por iso e en rexeitamento a unha situación "desesperada", o conxunto de traballadores tomaron esta decisión de forma unánime, posto que "pon en risco a viabilidade do servizo" que é "fundamental" para a capital galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta