Sorprenden a un taxista de Cambre ebrio e consumindo alcol mentres conducía

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tráfico formulou unha denuncia contra un taxista da localidade coruñesa de Cambre por conducir ebrio e consumir alcol durante os servizos.

Esta semana, a Benemérita recibiu unha denuncia por parte dun cidadán que aseguraba que un taxista consumía habitualmente bebidas alcohólicas durante os traxectos.

Os axentes localizaron a este condutor circulando no seu taxi por unha estrada secundaria de Cambre.

Tras darlle o alto, o taxista foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que arroxou, tanto na primeira como na segunda, valores superiores á taxa permitida para estes profesionais.

Taxista de Cambre sorprendido mentres bebía unha cervexa ao volante
Taxista de Cambre sorprendido mentres bebía unha cervexa ao volante | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta