Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 14:07
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil comezan este xoves en Galicia unha campaña de vixilancia e control de motocicletas. Segundo informou a Delegación do Goberno, a campaña, que se prolongará ata o día 18, e ten como peculiaridade que só a realizarán en Galicia por iniciativa das Xefaturas Provinciais de Tráfico e o Sector de Galicia da Garda Civil.
Isto débese ao incremento rexistrado nos últimos anos no número de persoas falecidas en accidentes de motocicleta en Galicia e tamén ao comezo de período do ano no que se incrementa o uso deste tipo de vehículos. Segundo datos da DGT, unha de cada catro vítimas mortais en accidentes de tráfico en 2024 eran motociclistas e esta porcentaxe case non decreceu no que vai de 2025. O pasado ano faleceron 22 persoas en sinistros de tráfico nas estradas galegas e ata o 30 de abril deste ano son catro as persoas que faleceron neste tipo de accidentes.
As Xefaturas Provinciais de Tráfico alertan de que este número rexistra incrementos progresivos nos últimos anos. En 2024 incrementáronse nun 57 % os motoristas falecidos en accidentes de tráfico con respecto ao ano anterior. Ao tempo, detectan un aumento dos danos da gravidade dos accidentes onde están implicadas motocicletas, ata 224 en Galicia o pasado ano que rexistraron algún dano de tipo persoal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.