O fenómeno dos 'youtubers' galegos: cando a normalización corre a cargo dos máis novos

Máis de 68 canles presentan os seus proxectos a esta edición dos Premios Youtubeir@s.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Quen dixo que o galego é un impedimento para trunfar na rede? Co paso dos anos, o impacto da lingua galega nos creadores de contidos online segue unha progresión ascendente que parece estar a coller especial forza nestes últimos meses. Cando menos así o indican as cifras dos Premios Youtubeir@s, que este ano volverán premiar as mellores iniciativas audiovisuais en galego nesta plataforma.

Youtube, móbil, smatphone, youtuber
Youtube, móbil, smatphone, youtuber | Fonte: pexels

Neste atípico 2020 o xurado composto por seis persoas terao máis difícil para decidir que en edicións pasadas, xa que cada vez son máis os mozos e mozas que concorren a este certame organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres

universidades galegas e da Deputación da Coruña. E é que nesta edición, explican os organizadores, a participación rexistrada "duplica amplamente" a do ano pasado: pásae de 240 vídeos a nada menos que 537.

Deste xeito, serán 68 canles de creadores as que compitan por levar unha serie de premios que resultarán fallados á volta da ponte de decembro. Segundo explican os organizadores, haberá un total de 12 categorías que resultarán recoñecidas cun total de 7.500 euros repartidos en distintos premios. A entrega dos galardóns, iso si, desenvolverase por streaming: ao máis puro estillo youtuber e para evitar risco de contaxio 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta