Temas: NADAL A CORUñA

A Coruña non terá cabalgata de Reis pola pandemia

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 27/11/2020 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A tradicional cabalgata dos Reis Magos, con desfile de carrozas, non se celebrará este ano na Coruña polo actual contexto da pandemia, aínda que si chegarán a todos os barrios para que os máis pequenos poidan velos. Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, que sinalou que a cidade vivirá un Nadal cargado de simbolismo e centrada nos barrios.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación do programa de Nadal do ano pasado
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación do programa de Nadal do ano pasado | Fonte: Concello da Coruña.

"Un Nadal en que lembraremos a todas as persoas que faleceron neste fatídico 2020 e renderémoslles unha merecida homenaxe a todas as persoas anónimas que nos coidaron durante o confinamento para mostrarlles o noso agradecemento".

Por iso, explicou que todas esas persoas anónimas serán as encargadas o vindeiro venres 4 de decembro de darlle o pistoletazo de saída ás festas co tradicional acendido da iluminación do Nadal, que terá o seu punto de partida na praza de María Pita cun planetario que evocará ao da Casa das Ciencias.

Temas: NADAL A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta