O complicado futuro dos "beiristas"

Anova elixe uns órganos de dirección sen grandes maiorías. Tres sectores acaparan a Coordinadora Nacional. EI divídese entre os "oficialistas" e os de Teo, mentres que a FPG busca a complicidade de Martiño Noriega.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/06/2013 | Actualizada ás 00:44

Comparte esta noticia

O gran gañador da asemblea nacional de Anova foi Beiras. Precisamente, o histórico dirixente nacionalista é o único motor que vertebra o presente e o futuro deste formación que conseguiu meter na Cámara galega a catro deputados nos pasados comicios dentro dunha coalición electoral con outras formacións de esquerdas, nomeadamente, EU.

Precisamente, esa unidade de acción con EU foi a que motivou que, nos últimos meses teñan xurdido fondas divisións en canto o modelo de partido e os proxectos políticos de Anova. Unha parte importante de Anova, a maior parte dela de Encontro Irmandiño, non se sinte cómoda con esa alianza e agarda que sexa coxuntural. Outra parte, entre as que están grupos minoritarios de militantes do propio EI ou a FPG, non cren que a experiencia de AGE sexa negativa e apostan por seguir aplicando este modelo noutros comicios.

Finalmente, e a pesares das diferencias, acordouse revisar a política de pactos en función de cada comicio. Queda, polo tanto, aberta a posibilidade de pactos coas forzas nacionalistas galegas, con outras doutras nacións sen Estado ou, mesmo, con formacións de esquerdas de ámbito español.

As feridas

Sen embargo, a ferida aberta neste cónclave tardará en cicatrizar. O único medicamento capaz de curala chámase Xosé  Manuel Beiras. E é que, sexan de EI, da FPG, do Movemento pola BAse ou de Nova Esquerda Galega, a gran maioría dos militantes de Anova declaranse "beiristas".

De aí, a dificultade de establecer un baremo sobre os postos que ocuparán os distintos sectores na recén elixida Coordinadora Nacional. "A maior parte deles son beiristas", apunta un dirixente consultado sinalando o feito que "os de Beiras" son os do Encontro Irmandiño. "Eu tamén son Beirista e non son de EI", aclara outro cargo da FPG.

Con todo, o que semella claro, logo dun longo reconto de votos é que na dirección de Anova haberá unha ampla maioría de representantes de EI. Sen embargo, parte deles son dun novo grupo que emerxeu nesta asemblea e aos que xa se lles coñece como "os de Teo", un grupo compacto no que hai dirixentes que non son estritamente desa comarca como os deputados Antón Sanchez ou David Iglesias, nin tampouco de EI, como é o caso do creador Antón Dobao, destacado militante da FPG. Todos eles teñen en común unha visión de proxecto político que difire da manifestada polos principais dirixentes de EI; Mario López Rico e Luis Eyré, a quen, apoia, sen embargo, a maior parte do aparato e dos militantes do Encontro Irmandiño.

Os grupos

Na outra banda están grupos máis pequenos estruturados en torno á FPG. Aí se atopan, entre outros, os militantes do Movemento pola Base e antigos membros da FOGA. Outros, como a Nova Esquerda Galega, con cadros que veñen da parte máis galeguista do PSdeG, con Óscar Lomba ao fronte, quedaron, finalmente, fóra da Coordinadora Nacional. Un feito que se explica porque non quixeron entrar en ningunha das catro "plantillas de listas" que, extraoficialmente, competían para os 75 postos do principal órgano da dirección de Anova.

Finalmente, e segundo as fontes consultadas, o xa coñecido como "sector oficial" de EI fíxose con 36 deses postos, mentres que o resto repartiuse entre a lista promovida por Anova Teo --as fontes consultadas falan de entre 10-15--, 25 na "plantilla" impulsada pola FPG e o resto pequenos grupos ou militantes independentes.

Entre a "proporcionalidade" e a "democracia horizontal"

Precisamente, o sistema de elección deste congreso ten provocado división de opinión. Así, Mario López Rico suliña en declaracións a GC que el cre que "o mellor" para este tipo de procesos son "listas proporcionais" porque "reflexan a realidade dunha organización". Pola contra, Mariano Abalo, tamén en conversas co GC, suliña que o máis importante deste proceso é que se demostra que "o asemblearismo funciona e que hai democracia horizontal".

"Triunfou un modelo aberto enfrontado a eseas vellas formas de facer política que fan propostas exclusivistas e pechadas e que se basean en cotas de poder", critica Abalo en alusión ao modelo que encarna o EI "oficial". "As formacións políticas teñen que servir para un cambio político e social e non para vivir delas", engade.

A figura de Beiras

Unha postura que non comparten desde EI que lembran que, precisamente, na asemblea triunfou un modelo de fronte aberta que é o que "sempre defendeu Anova". "O que está claro é que o gran gañador neste cónclave é Beiras e as súas ideas que conseguiron unha maioría folgadísima para levar adiante as teses que se presentaron ao congreso e que foron as que, finalmente, se aprobaron", aclara López Rico.

Unha idea que tamén comparte Abalo pero, con perspectiva diferente. "Gañou a forma de facer política de Beiras e o recoñecemento de Martiño --Noriega--, que confirman que hai unha ruptura política de alcance e que debe ser garante para que o proxecto de Anova e de AGE se consoliden", sinala.

O papel de Martiño

Un Martiño Noriega a quen algúns militantes queren situar ao fronte dun novo proxecto político cando Beiras se retire. GC estivo tentando contactar co alcalde de Teo en varias ocasións pero foi imposible. Con todo, Noriega deixou claro a outros medios de comunicación que a súa posición non foi a "oficial" e por iso impulsou unha enmenda á totalidade das teses políticas.

"Ao final chegouse a unha síntese no que se recoñece o papel de Alternativa, e, de feito, o parágrafo é todo de Teo no que se recoñece positivamente, que hai que profundar sobre el, tentar amplialo", explicou, xunto a isto contémplase que "aínda así, Anova manterá a súa soberanía para defender a súa posición nun proceso electoral".

Nos vindeiros días, a Coordinadora Nacional terá a súa primeira xuntanza para comezar a traballar. Será entón cando se teñan que poñer en práctica unhas teses políticas que terán que ser revisadas en cada proceso electoral. Con todo, Abalo advirte; "tense que impoñer a radicalidade democrática porque os que pensan que gañaron poden perder se cren que sirven os modelos anteriores. As decisións son dos militantes e deberán ser refrendadas nas asembleas locais".

'Coa miña xente da aldea gala', escribe Martiño Noriega no seu FB baixo esta foto do coñecido xa como Grupo de Teo
'Coa miña xente da aldea gala', escribe Martiño Noriega no seu FB baixo esta foto do coñecido xa como Grupo de Teo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

20 Xulia Prego Grandío

Seguro que coa soflama, o panexírico maniqueo, ou o exabrupto, estades facendo País. Maís alá de todo iso, unha visión desde fora de Anova indica que algo está cambiando para ben nesta Terra. Seguro que non a velocidade que moitos e moitas quixéramos, pero o feito de que un congreso non vaia polos derroteiros dos BNG-bis (Eyrés, Ricos, e as amigas de sair na foto con Beiras) , xa é un paso adiante por si mesmo. Vos seguide atizando con estupideces como; españolistas, Cayo Lara e outras lindezas propias de xente intelixente e con capacidade de análises, é a vosa maneira de facer Patria. Se Anova consigue por fin chegar á pluralidade, a consolidar AGE, Anova contará con algúns e algunhas militantes máis.

19 Ulo

Bem se ve que não querem responder à pergunta. Repassemos as contas de Teu: Alcaide Martinho cobra 44.769 por ano. Mais quatro dedicações exclusivas mais de 36,460 por ano cada uma. Mais duas livre-designações de 28.749 por ano cada uma. Total: 251 mil €/ano, sem contar "indenizações" por ir a plenários (121€ cada um), juntas (75€ cada uma), comissões (60€, 2 por dia máximo), junta vozeiros (55€ cada). Mais de um milhão de euros por legislatura por serem tão "guapos". E isso num concelho de 17.800 habitantes!!

1 Xesus R Castro

As tuas contas saense do texto...deberias saber en calqueira concello os concelleiros e alcalde que teñen dedicacion exclusiva non cobran asistencias a sesions de organos colexiados

18 Verme

Teo é a República independente da casa de Martiño. De abaixo para arriba non?

17 Spidercan

Os vinteanheiros que vemos a 6ª saudamos á ANOVA. Agora van quitar ao presi de Cantabria e van deixarvos un espazo para vós. E que nos aburrimos e vós tendes marcha.

16 Marianismo

Incrible, pero certo: Abalo o "busca abrazos" de Beiras (din os que alí estaban presentes que o sprint que pegou para chegar desde fóra e que o recolleran as cámaras é digno dun deses velocistas xamaicanos), sen cortarse un pelo, dando leccións de "horizontalidade"... será pola práctica da estrutura interna da propia FPG... mui horizontal ela....si, si, si...nada vertical. Un tipo porreiro... mas sen gracia ningunha. Polo demais, é evidente que o das LLAA en Anova é unha pose e fume de carozo...

1 Antiburras

E da secta CES de Ferrol non saiu ninghen elixido

2 marianico

dou fe do que pasou co sprint de Mariano. patético e cínico

3 Palleiros

Foi o revés, ven se ve nun video ó Beiras preguntando: Mariano onde está Mariano... serían os remordementos de conciencia?