A Xunta podería ampliar o horario da hostalería este venres pola evolución dos datos epidemiolóxicos

O subcomité clínico analiza o venres esta posibilidade, así como abrir os locais en zonas nas que aínda están cerrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Tras unha semana --o martes non houbo encontro do comité clínico por ser festivo-- os expertos do subcomité reuniranse de novo este venres para analizar a evolución epidemiolóxica de Galicia e a posibilidade de ampliar a apertura da hostalaría nalgunha zona ou, de ser o caso, eliminar o peche perimetral nalgún dos territorios nos que a día de hoxe está vixente.

Fano nun momento no que os datos parecen ser favorables--cunha diminución paulatina de positivos e taxas de positividad en mínimos--, pero sempre tendo en conta a chamada á "prudencia".

Xa a fixo este mércores o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que repasou os datos en Galicia durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta e trasladou as súas "esperanzas" de que se poida abrir a hostalaría en zonas de Galicia nas que hai "restricións máis severas" e mesmo ampliar os horarios de apertura noutras nas que xa se procedeu a autorizar a reapertura con límites.

A relaxación de medidas en hostalaría --que ten en Galicia catro niveles de apertura con distintos aforamentos e grupos en función da situación de cada área-- é a medida máis probable das que se poden tomar na reunión deste venres.

No outro lado está a posibilidade de abrir o peche perimetral das áreas confinadas, como lle sucedeu hai unha semana ás cidades de Santiago e Ourense. Con todo, na maior parte dos territorios pechados, a incidencia, aínda que en boa evolución, non baixou o suficiente como para exceder os límites establecidos polos expertos.

No caso das cidades, por exemplo, só A Coruña está nun nivel de entre 50 e 150 casos por cada 100.000 habitantes --o comité clínico estableceu como límite destes peches os 100 casos--, aínda que se trata da que ten unha maior presión hospitalaria.

O resto --Vigo, Pontevedra, Ferrol e Lugo, cuxa alcaldesa xa reclamou en varias ocasións a relaxación de medidas-- atópanse nunha pinza entre 150 a 250 casos por 100.000 habitantes, segundo os datos deste xoves.

Unha cola de clientes espera a recoller un produto dun establecemento pechado en Vilalba, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Unha cola de clientes espera a recoller un produto dun establecemento pechado en Vilalba, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta