Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 18:40
Un total de 25 casos positivos de covid-19 foron detectados no cribado realizado polo Servico Galego de Saúde (Sergas) nas Pontes e ao que acudiron 1.603 persoas.
Diso informaron fontes da área sanitaria de Ferrol, que explican que acudiu a realizar estas probas o 95,82% dos veciños citados.
Deste xeito, no cribado desenvolvido entre a tarde do pasado mércores 9 de decembro e este luns, día 14, detectáronse 25 casos, o que supón o 1,32% das probas realizadas.
PROBAS EN SANTA COMBA E MAZARICOS
Por outra banda, a área sanitaria de Santiago informou de que persoal de enfermaría realiza esta tarde un cribado ao persoal de hostalaría de Santa Comba e Mazaricos nos respectivos centros de saúde destas localidades para a detección de posibles casos asintomáticos.
En total foron citadas unhas 200 persoas a través de SMS. A toma de mostras será nasofaríngea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.