Os concellos galegos gastaron unha media de 6 millóns de euros máis pola pandemia

Son datos dun informe da Fegamp.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Os concellos galegos tiveron que facer fronte ata o momento a 6 millóns de euros de media en gastos sociais adicionais derivados da pandemia, segundo figura nun informe da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que lamenta a falta de apoio ás entidades locais por parte das administracións superiores para facer fronte a estes desembolsos extraordinarios.

A entidade que engloba ás entidades locais galegas e que está presidida polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, elaborou un estudo sobre o impacto nos servizos sociais municipais da crise derivada da pandemia. No informe apúntase á situación de "colapso" e "saturación" das oficinas de servizos sociais ante o incremento das demandas de prestacións.

Segundo as cifras da Fegamp, os consistorios atenderon a 17.317 novos demandantes de axudas, máis da metade deles traballadores que se atopaban á espera de recibir axudas como o ERTE ou a prestación por cesamento de actividade para autónomos. O documento tamén destaca que, atendendo a distintos perfís que poden encaixar en varios apartados, case o 43% dos demandantes eran familias monoparentais ou con menores ao cargo, os 40% usuarios do servizo de axuda no fogar e as 29% persoas en risco de exclusión social con traballos vinculados á economía mergullada.

Un ancián camiña pola zona da ruta dos Ancares, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un ancián camiña pola zona da ruta dos Ancares, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

TIPO DE PRESTACIÓN

A Fegamp apunta que "como cabía esperar" a situación de vulnerabilidade flucutou dependendo do tamaño da poboación. Por exemplo, en municipios pequenos de menos de 5.000 habitantes predominou os solicitantes de asistencia a domicilio. En canto ao tipo de prestación, o maior incremento produciuse naquelas vinculadas a necesidades básicas, que aumentaron máis de 50%. Seguíronlle as do Servizo de axuda no fogar (18,5), medidas de reinserción social (15,7%) e comedores e apoios para persoas sen fogar (11,42%).

Outro dos aspectos que resalta a Fegamp na súa análise sobre o impacto da crise saniitaria nos servizos sociais municipais é o aumento da carga burocrática á hora de tramitar estas axudas. Deste xeito, aseguran que se produciu un incremento do 32% na presión sobre as oficinas municipais para xestionar apoios económicos que, segundo lembran, non son competencia das entidades locais, como é o caso do Ingreso Mínimo Vital.

Así as cousas, a Fegamp asegura que o 87,4% dos fondos das prestacións sociais básicas son achegados polos concellos, mentres que só o 8,6% corresponde á Xunta e o 4%, ao Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta