O 61% do sector marisqueiro participará na recollida de residuos mariños os próximos anos

A Xunta aproba máis de 90 plans para xestionar o marisqueo entre 2021 e 2023. Os plans inclúen novidades como o marisqueo en días festivos e a realización de turismo mariñeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar aprobou un total de 94 plans de xestión do marisqueo para o próximos tres anos -entre 2021 e 2023_ cos que se definirá a actividade marisqueira das confrarías de pescadores e demais entidades asociativas do sector en Galicia. Estes plans enmárcanse no primeiro Plan Xeral de Explotación Marisqueira, tamén cunha vixencia de tres anos, que puxo en marcha a Xunta e que entra este xoves en vigor ao publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dos 94 programas aprobados, 52 enfócanse no marisqueo a pé, 35 desde embarcación e sete, mixtos. Por provincias, 49 dos plans implantaranse na Coruña, 41 en Pontevedra e catro en Lugo.

Segundo informou a Consellería do Mar nun comunicado, o obxectivo destes plans é "garantir que a explotación marisqueira se realice con todas as garantías e de forma sustentable, tendo en conta os aspectos ambientais, sociais e económicos".

En canto aos obxectivos biolóxicos, a consellería indicou que se centrarán no uso sustentable e a longo prazo dos recursos marisqueiros, mentres que entre os ecolóxicos destacaron a participación dos mariscadores en actividades relacionadas coa protección da biodiversidade e os ecosistemas mariños. "O 61% dos plans do próximos tres anos inclúen a participación do sector na recollida de residuos mariños", subliñou o departamento da Xunta.

Doutra banda, para alcanzar as metas marcadas pola consellería en termos socioeconómicos -mellora dos ingresos e creación de emprego--, prevese a de profesionais, tanto para o marisqueo a pé -137 novos permisos de explotación para 2021--, como para o realizado á boia.

Marisqueo no Grove
Marisqueo no Grove | Fonte: Wikipedia

NOVIDADES: TURISMO MARIÑEIRO E RECOLLIDA EN DÍAS FESTIVOS

Os plans de xestión do marisqueo incluirán ademais a posibilidade, por parte dos mariscadores -en apoio do uso sustentable dos recursos- de realizar turismo mariñeiro, que xa levan a cabo 17 confrarías e que pode computar para o cumprimento dos requisitos de actividade suficiente para a renovación dos permisos de explotación a pé.

Doutra banda, o programa de xestión do marisqueo contempla tamén a posibilidade de traballar en "situacións extraordinarias, en Semana Santa e decembro". "O 68% dos plans de xestión aprobados recollen a posibilidade de realizar actividade extractiva en sábados e días festivos", indicou a consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta