A produción de carne ovina e caprina afronta un mal ano con axudas que de momento cobren a 220 produtores

O orzamento máximo ao que podían acceder os produtores de cordeiros e cabritos galegos era de 62.952 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se notifican as axudas xestionadas pola Xunta para paliar as dificultades de comercialización de cordeiros e cabritos durante os meses de marzo e abril do ano pasado, a causa da emerxencia sanitaria da covid-19.

Así, un total de 225 explotacións ovinas e caprinas galegas resultaron beneficiarias dun importe global de 62.705 euros, que xa se lles abonaron integramente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.

O orzamento máximo ao que podían acceder os produtores de cordeiros e cabritos galegos era de 62.952 euros. Por provincias, a de Ourense é a que aglutina a maior parte de beneficiarios -cun total de 131-, séguea Lugo con 71, A Coruña con 15 e, finalmente, Pontevedra con 8.

A Xunta calcula que estas explotacións contan cun total de 6.779 animais subvencionables, isto é, femias afectadas pola redución da comercialización de cordeiros e cabritos.

Ovellas pacendo
Ovellas pacendo | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta