Máis de 1,5 millóns de persoas de 33 países seguiron a retransmisión do inicio do Ano Santo

A maior parte seguiu o evento nas redes sociais.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/01/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Máis de 1,5 millóns de persoas de 33 países conectáronse o algún momento ao programa especial de apertura da Porta Santa e inicio do Xacobeo 2021-2022 emitido o 31 de decembro por streaming e pola Televisión de Galicia (TVG).

Acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago, que dá inicio ao Ano Santo 2021
Acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago, que dá inicio ao Ano Santo 2021 | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Segundo informou a Vicepresidencia Primeira da Xunta, gran parte dos espectadores seguiron o acto a través das redes sociais oficiais de Turismo de Galicia e do Camiño de Santiago --1,4 millóns de persoas--. Ademais, os contidos audiovisuais publicados nestas redes suman case 1,7 millóns de reproducións con máis de 25.000 likes.

Doutra banda, o documental especial creado para a ocasión, a cargo do gaiteiro Carlos Núñez, rexistrou, polo momento, 80.000 reproducións nas canles de Youtube da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia.

"A estratexia de retransmitir o evento de apertura da Porta Santa a través das novas tecnoloxías permitiu que a emisión en liña recibise comentarios de moitos puntos de España, Italia, Polonia, Xapón, Estados Unidos, Chile ou Arxentina", destacou a Xunta.

O departamento autonómico lembrou tamén que o inicio do Xacobeo puido seguirse "en directo" a través de pantallas situadas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, en Dublín, na praza do Duomo en Milán, na Catedral de Pistoia, na Haia ou en Buenos Aires.

Ademais, máis de 350 asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e os 150 centros galegos repartidos por todo o mundo, así como os centros culturais da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid) colaboraron na difusión da cerimonia.

Por outra banda, o directo da Televisión de Galicia chegou a 329.000 galegos ao longo de toda a emisión, o que supón que case o 13% da poboación galega conectou nalgún momento co programa especial. A audiencia media da emisión foi do 10,8%. A TVG tamén transmitiu o programa por Youtube, onde case 60.000 espectadores seguiron a cerimonia, así como pola súa páxina web crtvg.gal, con case 7.800 espectadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para ser unha restransmisión tan "mediática" a realización foi ben mediocre! Os primeiros planos da restauración foron escasísimos, por non falar da ausencia total do Pórtico da Gloria (escondido tras un queixón de madeira que o foi o único que vimos cando a procesión malamente organizada) / Se os amigos da TVG queren aprender a facer un bo produto que comparen coa transmisión do Concerto de Primeiro de Ano en Viena (sen espectadores) ao mellor temos algo que APRENDER !!!