Dous vehículos saen da vía en Fene por culpa do xeo que tamén impediu a circulación dun autobús en Vimianzo

Un dos coches en Fene caeu a un pequeno río cun ocupante a bordo que puido saír só do vehículo e non necesitou asistencia médica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O condutor dun autobús de liña viuse obrigado a deter a marcha pola presenza de xeo na estrada en Vimianzo. Circulaba pola AC-441, á altura de Baíñas. Segundo relatou ao 112, o condutor percibiu que o autobús escorregaba a causa do xeo e trasladou que, de inmediato, detivo a marcha.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico comprobaron a situación e solicitaron recursos para a mellora das condicións de seguridade na vía. O 112 pediu a colaboración do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.

SAÍDAS DE VÍA EN FENE

O 112 tamén informou este sábado de que sobre as 5,00 horas da pasada madrugada, en Fene, na a DP-D3503D, ao seu paso por Belelle, tivo coñecemento de dous vehículos que saíron da vía tamén a causa do xeo.

Un dos coches caeu a un pequeno río cun ocupante a bordo que puido saír só do vehículo e non necesitou asistencia médica. Os xestores do 112 Galicia informaron da situación aos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén ao equipo de limpeza e mantemento da Deputación da Coruña.

Servizo de emerxencias 112. FENE, VIMIANZO, XEO, ACCIDENTE, AUTOBÚS
Servizo de emerxencias 112. FENE, VIMIANZO, XEO, ACCIDENTE, AUTOBÚS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta