Pardo Bazán ou Franco? Continúa o debate sobre o "relato" que envolverá o Pazo de Meirás

Xunta, Goberno, Deputación e Concello reuniranse para debater os futuros usos do pazo, así como a súa data de apertura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática que dirixe Carmen Calvo convocou para o martes 19 de xaneiro unha nova reunión da Comisión técnica do Pazo de Meirás para estudar a data da reapertura das visitas ao inmoble, despois de pasar a ser de titularidade pública tras 82 anos en posesión da familia Franco.

Este encontro terá lugar ás 12.30 horas na Delegación do Goberno de Galicia, na Coruña, estará presidida polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e nela participarán todas as administracións interesadas no futuro do pazo: a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e os Concellos de Sada e A Coruña.

O Goberno acode a este encontro co obxectivo de estudar a data da reapertura das visitas do Pazo de Meirás. Segundo lembra a Vicepresidencia primeira, nun primeiro momento está previsto que a reapertura sexa só para os exteriores do inmoble, á espera de que os traballos de seguridade e acondicionamento no interior do pazo permitan abrir todo o edificio ao público.

COMISIÓN DE EXPERTOS

Asimsimo, o encontro servirá para abordar a creación dunha comisión de expertos que se encarguen de reflexionar sobre o relato e os futuros usos do Pazo de Meirás e a realización dunha exposición que reflicta toda a historia deste emblemático edificio, desde que en 1893 o mandara construír a escritora Emilia Pardo Bazán.

Esta é a segunda vez que se reúne a Comisión Técnica do Pazo de Meirás. A primeira reunión deste órgano foi o 15 de decembro, que se creou a proposta de Calvo despois de que a xustiza decidise outorgar a titularidade do pazo a Patrimonio do Estado, e leste pasase a ser en execución provisional de titularidade pública.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta