Feijóo ante o temor de contaxio dos portugueses: "hai moitos que veñen comprar a Galicia"

Destaca que zonas fronteirizas como o Baixo Miño ou Verín estan cun gran incremento de casos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2021 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta alertou sobre a presenza masiva de cidadáns portugueses en zonas fronteirizas de Galicia para realizar as súas compras, a pesar do peche perimetral do país. Por iso se queixou da imposibilidade de controlar todos os pasos de fronteira.

Fronteira entre Galicia e Portugal
Fronteira entre Galicia e Portugal | Fonte: Concello de Tui.

"Tomasmos decisións e logo non temos como levalas a cabo", dixo sobre a decisión de pechar as fronteiras pero non ter policía para vixilala. "É como se nos transfiren Tráfico pero non temos rádares, nin axentes para controlalo", apuntou. En todo caso, defendeu o operativo de 11.000 axentes das forzas de seguridade para evitar que se incumplan os confinamentos pero dixo que, ás veces, non son suficientes.

"Por exemplo, hai moitos portugueses que van a supermercados da fronteira de Galicia a mercar", dixo preguntado sobre o alto índice de contaxio do país luso. "Os concellos de Verín, de Tui, do Rosal, de Tomiño, da Guarda, mesmo Oia xa manifestaron o seu temor", engadiu ao tempo que tamén recoñeceu que "non é fácil" controlar toda a fronteira con Portugal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta