A Xunta quere rematar co"feísmo" das fachadas de ladrillo e os peches de fincas de bloques

Contará por primeira vez con axudas para reducir o impacto do feísmo de construcións e vivendas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocará neste primeiro trimestre do ano as primeiras axudas para corrixir o impacto do feísmo e as consecuencias paisaxísticas das construcións e vivendas da Comunidade.

O Consello, na súa reunión deste xoves, foi informado da tramitación desta nova orde de axudas que convocará Medio Ambiente e disporá dun crédito inicial dun millón de euros. Con estes recursos, a Xunta confía en poder atender máis de 300 solicitudes na súa primeira convocatoria.

Entre outras actuacións, serán subvencionables as de revestimento e pintado de fachadas ou a renovación do acabado exterior das fachadas de edificios. Tamén a mellora de peches e predios, e substitución de celosías ou formigón. O límite máximo da axuda por solicitude será de 3.000 euros.

Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC
Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC

"Trátase de dar axudas a aquelas persoas que queiran substituír un peche de bloques da finca con masa forestal ou muro de cachotería ou para aqueles que traten as fachadas que están a ladrillo", dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 oquevexo

Comunistas!!!

1 Guillermo

En Islandia, coa crise de 2008, chegaron a derrubar edificios a medio facer que caeran no abandono. Tiñan que contemplar esa opción. Co exemplo da foto do artigo vese que ainda que a mona vista de seda…