Poderanse poñer fin ás inundacións do río Anllóns en Carballo?

Desde 1988 rexistráronse cinco inundacións "severas" no municipio e que a última foi en 2016. A Xunta comprométese a solucionar o problema.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Xunta investirá tres millóns de euros ata 2023 en cinco actuacións para evitar inundacións en Carballo con motivo da crecida do río Anllóns. Dous dos proxectos estarán licitados no primeiro semestre deste ano, segundo anunciou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Tras a firma dun convenio co alcalde do municipio, Evencio Ferreiro, ambos compartiron acto de presentación de maneira virtual por "prevención" pola pandemia. Vázquez apuntou ás "recorrentes inundacións" que sofre Carballo con "danos económicos" e "risco para a seguridade das persoas".

Dentro do "contexto de cambio climático" que provoca, dixo, "precipitacións moito máis intensas en pouco tempo", o departamento autonómico, tras o estudo da situación, financiará cinco proxectos de mellora da canle en colaboración co Concello.

A do río Anllóns é unha das nove áreas de "alto risco" de inundación de Galicia, sinalou a responsable autonómica, que asegurou que as medidas son de "recuperación e revisión" e de "protección" fronte aos desbordamentos. As dúas obras cuxos proxectos están "máis avanzados" son os de construción dun bypass na zona de Muíño de Quinto e a mellora hidráulica do río ao seu paso pola estrada de Sísamo, que se licitarán antes de xullo. Ata 2023 a Xunta acometerá outro tres actuacións, como a demolición dun edificio ou a remodelación do parque de San Martiño.

TERREOS

O rexedor carballés lembrou que desde 1988 rexistráronse cinco inundacións "severas" no municipio e que a última foi en 2016, sendo, dixo, un problema "cíclico". É por iso que o Concello xestionará a cesión dos terreos para as obras para "que sexamos capaces de paliar" o problema.

Ferreiro apostou pola "leal colaboración" entre as dúas administracións públicas para que os proxectos teñan "os menos inconvenientes posibles".

Inundacións en Carballo (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo
Inundacións en Carballo (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta