Asasinada unha muller de 33 anos na súa casa en Oza-Cesuras

As primeiras hipóteses apuntan a un roubo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2021 | Actualizada ás 01:16

Comparte esta noticia

Unha muller de 33 anos foi asasinada na tarde deste venres na súa vivenda, no municipio coruñés de Oza-Cesuras, un crime polo que xa hai detido un sospeitoso. En concreto, segundo confirmaron fontes próximas a Europa Press, o suceso ocorreu pouco antes das 20,00 horas deste venres nunha vivenda unifamiliar situada no lugar de Porzomillos, onde residía a muller.

A Garda Civil realiza unha detención
A Garda Civil realiza unha detención | Fonte: GARDA CIVIL

Segundo a principal hipótese de investigación, un home entrou na vivenda coa intención de roubar e puido ser sorprendido pola muller. No transcurso do forcexeo, ela resultou falecida dun golpe na cabeza, segundo apuntaron fontes próximas a Europa Press. 

O home emprendeu entón a fuxida, durante a cal resultou ferido, e refuxiouse nunha leira próxima, onde momentos despois foi detido pola Garda Civil. No entanto, tivo que ser trasladado por unha ambulancia ata o Hospital da Coruña, onde continúa ingresado. Foron os veciños da muller os que deron a voz de alarma ás autoridades.

LOITO EN OZA-CESURAS

O Concello de Oza-Cesuras decretou este sábado tres días de loito oficial polo asasinato desta veciña. Así, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta ata o luns, día no que, ás 11,00 horas, terá lugar unha concentración ante o edificio consistorial para condenar este crime.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta