Maroto: "A nosa imaxe non se viu prexudicada e hai desexo dos turistas de volver a España"

Por E.P. | MADRID | 22/01/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou que a imaxe de España "non se viu prexudicada" pola pandemia e que hai desexo por parte dos turistas de volver ao país, o que "anima" ao Goberno a seguir controlando a enfermidade, a acelerar o proceso de vacinación e a coordinar o reinicio das viaxes con seguridade.

Durante a presentación este venres do 'Estudo de posicionamento de España como destino turístico', a ministra asegurou que a imaxe e o posicionamento de España como destino turístico é unha fortaleza da 'marca España' a nivel global, aínda que avogou por incidir na calidade do sector. "É importante deixar de medir cantos turistas veñen a España e empezar a fixarnos na calidade dese turismo e na diversificación", sinalou Maroto na clausura da presentación do estudo.

Para Maroto, este estudo é unha "excelente iniciativa" para obter información necesaria nun momento "moi oportuno" pola situación que atravesa o sector debido á crise provocada pola Covid-19.

Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS
Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS | Fonte: ELISA PIÑÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta