O gato Balín recuperase lentamente tras recibir múltiples perdigóns

Unha das patas estaba esnaquizada.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 22/01/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O estado de saúde do gato Balín, atopado malferido tras seren disparado cunha escopeta de proxectís no contorno da avenida de Juan Carlos I en Pontevedra, mellora. A pesar de que os danos recibidos foron moi graves, e deixándolle unha das patas absolutamente esnaquizada, a operación saíu ben e agardase que poida recuperarse por completo das feridas e fracturas.

O gato Balín, ao fondo, recuperandose tras recibir varios disparos de perdigóns
O gato Balín, ao fondo, recuperandose tras recibir varios disparos de perdigóns | Fonte: Concello de Pontevedra

Así o cre o concelleiro de Benestar Animal de Pontevedra, Marcos Rey, que este venres achegouse esta mañá ata a Clínica Veterinaria Mourente onde foi operado o felino. Rey volveu pedir colaboración cidadá para dar co autor “deste acto de falta de humanidade e de extrema crueldade, que só pode ser obra dunha mente perturbada e que non ten ningún tipo de xustificación”. “Faremos todo o que estea nas nosas mans para identificar ao autor ou autores", destacou.

O edil do PSOE lembrou que o artigo 39 da Lei 4/2017 de Protección e Benestar dos Animais de Compañía contempla multas de entre 501 e 5.000 euros por sancións graves, “entre as que se inclúen maltratos que lles causen dor, sufrimento ou danos”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta