Por E.P. | A Coruña | 25/01/2021 | Actualizada ás 18:21
O Concello da Coruña apoia un fondo común de axudas dirixidas ás persoas autónomas e ao sector da hostalaría e turismo, tal e como propuxo este luns o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, nunha proposta que implicaría á Xunta de Galicia, os concellos galegos e as catro institucións provinciais.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, considera que a proposta "permitiría crear un plan coordinado de axudas directas de máis de 140 millóns de euros fronte aos 50 millóns que propón a Xunta de Galicia".
Con esta iniciativa, apunta que se lle daría "unha resposta importantísima a un sector que representa o 4,5% do PIB en Galicia". Tamén incide na necesidade de que as administracións se coordinen "para acurtar tempos e atender antes as peticións daqueles sectores máis afectados pola pandemia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.