A Deputación de Pontevedra mobilizará 300 millóns de euros entre os concellos da provincia

Anuncian que compromterán as accións a desenvolver con consistorios pontevedreses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, presentaron este mércores en rolda de prensa telemática o plan estratéxico provincial de fondos europeos que inclúe 10 programas con 54 accións pensadas no horizonte 2021-2026. "Mobilizaremos 300 millóns de euros a curto, medio e longo prazo", dixo.

César Mosquera engadiu que "xa" tiñan "moito traballado" porque sabía por onde ían "ir". "A pandemia ensinounos que somos moi vulnerables e que temos que facer un gran esforzo para non quedar atrás", sinalou. Ademais insistiu o vicepresidente que "a Deputación de Pontevedra traballa para os concellos" e neste sentido para este luns está fixada unha reunión por videoconferencia "para xestionar ben". Carmela Silva precisou que se lle dará aos concellos un prazo para achegar ideas e ademais comprometeu que se moveremos "entre os ministerios para defender o noso proxecto". "Porque cremos que é moi grande", abundou.

Carmela Silva presenta os orzamentos da Deputación de Pontevedra. PABLO HERNANDEZ GAMARRA
Carmela Silva presenta os orzamentos da Deputación de Pontevedra. PABLO HERNANDEZ GAMARRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta