Denuncian a "total descoordinación" coa implantación do teletraballo na Xunta

Cualifican as palabras de Feijóo sobre o teletraballo como "postureo" mentres reclaman medidas concretas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Persoal do servizos centrais da Xunta de Galicia denunciou unha "total descoordinación" na implantación do teletraballo na Administración galega, polo que pide medidas unificadas.

Despois de que esta semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixese un chamamento a incrementar o uso do teletraballo ante o avance da pandemia, persoal de servizos centrais apunta que "esa énfase do que fala debería trasladarse ao seu goberno, dando instrucións oportunas para que o teletraballo se estableza dunha maneira efectiva e unificada".

Por iso, requiren medidas extraordinarias para tentar "diminuír na maior parte posible a presenza física" do persoal, "non mantendo unha presencialidade moi alta como se fai ata agora nalgunhas unidades". Así, censura que se adoptan solucións "diversas" en función de cada consellería e organismo público, mesmo "non adoptando ningunha solución" nalgunhas áreas.

Pon de exemplo que a Dirección xeral da Saúde Pública da Consellaría de Sanidade é onde menos se fomentou o teletraballo, "algo que chama de forma alarmante a atención". Por todo iso, urxen a que se establezan actuacións "concisas" e as palabras de Núñez Feijóo sobre o teletraballo non queden en mero "postureo".

Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, baleiros durante a crise do coronavirus
Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, baleiros durante a crise do coronavirus | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta