Peche dos delegados do comité de empresa de Nanvantia Ferrol ante a paralización de novas incorporacións

As desavinzas entre sindicatos e dirección respecto ao proceso de novas incorporacións "xa veñen de hai tempo, sobre todo no que se refire a a transparencia e publicidade" din desde o comité de empresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CC.OO.), informou de que delegados sindicais, pertencentes á comisión de emprego do comité, "ocupan" desde este luns, 1 de febreiro, os tres despachos de Recursos Humanos para "esixirlle á empresa que achegue unha solución", xa que denuncian que a dirección paralizou o proceso de novas incorporacións de traballadores á empresa pública.

"A parte social demos varias respostas e á empresa non lle vale ningunha. Entendemos que eles non teñen présa para contratar a persoal, pero nós entendemos que é unha necesidade social o que aquí que se fagan ditas contratacións", explica.

O representante sindical lembrou que as desavinzas entre sindicatos e dirección respecto ao proceso de novas incorporacións "xa vén de hai tempo, sobre todo no que se refire a a transparencia, publicidade e por unha serie de atallos que a empresa queira facer para adiantarse no tempo. "O único que conseguen é facer o tema máis complexo e escuro", lamenta.

INTERPRETACIÓN DAS BASES

García Juanatey detallou que as diferenzas chegaron cando ambas as partes mostraron as súas discrepancias nas bases das convocatorias á hora de afrontar as probas de psicotécnico. Iso "levou á parte social a bloquear eses procesos antes de Nadal". "Transmitímoslle á empresa que non podiamos aceptar que esas arbitrariedades se consentisen", apunta, e a contestación da dirección "foi paralizar estes procesos e outros que se deberían de levar facía adiante".

Así, o integrante de CC.OO. acusou á dirección de Navantia de tomar como represalia "a non publicación dos temarios de prazas para empregados sénior". "As 2.000 persoas que se presentaron a técnicos superiores sénior están sen avaliar, e non pode ser tampouco que non se resolvan as reclamacións que presentaron os candidatos, xa que teñen unhas expectativas", censura. "Estamos nunha empresa pública e por iso hai que cumprir", apostila.

"Imos seguir mobilizándonos e presionando á empresa para que finalice os procesos iniciados e cheguemos a un acordo sobre a interpretación da proba psicotécnica", avanza. Remarca que a parte social estima que, unha vez superados todos os exames, esta non pode ser utilizada para a contratación dun traballador.

Acusan a Navantia de fraccionar contratos
Acusan a Navantia de fraccionar contratos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta