Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 13:57
Un novo sistema desenvolvido polo consorcio formado Egatel, Alén Space e Gradiant, no marco do proxecto 'Shipmate', permitirá ao sector naval unha comunicación bidireccional entre embarcacións e centros de control en terra.
O sistema permitirá ás embarcacións enviar a terra información sobre a actividade que están a realizar, a tripulación e o estado no que se atopan, ademais de comunicar a súa posición, rumbo e velocidade.
Toda esta información enviarase de forma cifrada, de modo que unicamente os operadores autorizados terán acceso á mesma, quedando oculta para o resto das embarcacións e elementos da rede. O sistema actual AIS, explican, "só permite a comunicación a nivel local e a unhas poucas millas das estacións basee costeiras (30 millas náuticas)".
Por iso, o tráfico marítimo afastado da costa ou en travesías transoceánicas "non se pode monitorar mediante AIS", polo que xurdiron iniciativas nos últimos anos para recibir as mensaxes "desde satélite, permitíndose así o seguimento de barcos en alto mar". "Con todo, este sistema non foi deseñado para a comunicación satelital, ao contrario que VDES, que contempla no seu deseño a comunicación bidireccional a través de satélite".
REVOLUCIÓN E SEGURIDADE
O consorcio destaca que suporá "unha revolución na dixitalización das comunicacións marítimas", abrirá a porta a novos casos de uso como a 'e-navigation' e permitirá "aumentar a seguridade das tripulacións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.