Así é vivir como escritor en Galicia: pouco remunerado e vocacional

Só un 6% deles vive da litaratura. Os ingresos medios por dereitos dun escritor galego non superan os 1.000 euros anuais, segundo un informe da AELG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Os ingresos medios por dereitos dun escritor galego non superan os 1.000 euros anuais, segundo un estudo elaborado por Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entre 150 autores, que revela que só un 6% ten a actividade como única fonte de ingresos. Así se desprende dunha parte do 'Libro Branco de Escritor@s', un informe realizado pola asociación para ofrecer un panorama completo e detallado sobre a situación real dos escritores e escritoras en Galicia.

A análise, no que participaron uns 150 autores e que conta coa colaboración de CEDRO e da Deputación da Coruña, sinala que, desde o punto de vista da profesionalización, a literatura galega non ofreceu grandes avances durante o últimos corenta anos.

A profesionalización de autores está en niveis moi baixos e as posibilidades de vivir da escritura literaria sobre moi escasas, segundo o estudo que busca coñecer a situación do colectivo e que reflicte que os ingresos medios en Galicia por dereitos de autoría supoñen menos de 1.000 euros brutos anuais no último ano da publicación dun libro.

Outro dato sobre as dificultades económicas da profesionalización literaria é que para o 72% os dereitos de autoría supoñen menos do 10% dos seus ingresos totais anuais. No mesmo sentido, só o 6% asegura ter como únicos ingresos os procedentes da actividade literaria, o que non significa que sexan suficientes para unha vida normal.

Así mesmo, os datos extraídos do informe sinalan que o tempo destinado a escribir é moi desigual no colectivo e que só un 6% ten dedicación regular a xornada completa. Para o restante 94%, o tempo que destinan a escribir varía moito. Así, hai un 10% con dedicación por baixo da media xornada laboral, un 14% que a ten a media xornada e un 56% con dedicación esporádica que varía en intensidade segundo as épocas.

As editoriais galegas vencellan a caída da facturación nos meses do confinamento ao peche das librarías
As editoriais galegas vencellan a caída da facturación nos meses do confinamento ao peche das librarías | Fonte: iStock

MÁIS DE 10 OBRAS

O informe da AELG apunta que o 50% dos consultados teñen publicado máis de 10 obras ao longo da súa carreira literaria e só o 20% non supera o cinco títulos publicados, fortalecendo o perfil de autores que teñen carreiras longas e que se dedican á literatura cun peso moi marcado do vocacional.

Ademais, o 75 das persoas consultadas asegura que non tivo ningunha axuda directa para escribir e que só o 10% dos mesmos tivo en conta algunha vez a posibilidade destes apoios. Neste punto, un 75% dos autores sinala que o apoio da Xunta é "escaso ou inexistente" e que "tampouco hai ningunha institución pública" que sexa valorada positivamente pola maioría do colectivo en relación ás súas políticas de respaldo da escritura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta