Atopan o cadáver dun octoxenario que desaparecera este mesmo mércores en Boborás

O corpo do desaparecido estaba próximo a un depósito de auga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Un grupo conformado por voluntarios e efectivos da Garda Civil achou o cadáver dun octoxenario que faltaba do seu domicilio desde a mañá deste mércores, no municipio ourensán de Boborás.

O home, que tiña problemas de saúde, saíu esta mañá a camiñar desde a súa residencia particular, unha casa no lugar de Ventosa, en Xurenzás. Ao ver que non regresaba co paso das horas, a familia decidiu contactar coa Garda Civil para alertar da súa desaparición.

Nese momento despregouse un dispositivo de procura e os axentes puxéronse en contacto co 112 Galicia para pedir a colaboración dos Bombeiros da Mancomunidade do Carballiño/Ribeiro, que se desprazarían co equipo de drones, así como a dos membros do GES de Avión.

Ao operativo sumáronse familiares e veciños, ademais dun amplo número de efectivos de voluntarios de Protección Civil de Boborás, de Carballeda de Avia, da Mancomunidade do Ribeiro, de Cortegada e de Piñor. Finalmente, o rastrexo achou o corpo do desaparecido próximo a un depósito de auga do lugar, sobre as 17,00 horas.

Unidade operativa de drones da Axega
Unidade operativa de drones da Axega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta