Galicia celebra este mércores o Día de Rosalía

Haberá ofrendas florais, lecturas e diversos actos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/02/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Galicia celebra este mércores o Día de Rosalía e conmemorará o seu aniversario con ofrendas florais, lecturas e diversos actos para rememorar e render homenaxe ao legado da autora de Follas Novas.

Un cartel da escritora galega Rosalía de Castro nunha das rúas do centro urbano de Lugo
Un cartel da escritora galega Rosalía de Castro nunha das rúas do centro urbano de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

A Fundación que leva o seu nome convida a celebrar a súa figura a través da súa sobra, facendo un 'Caldo de Gloria' ou interpretando a 'Alborada para Rosalía'.

O responsable da entidade, Anxo Angueira, lembra que insta a lembrar á escritora "coa alegría da música" e a "esperanza da Alborada", a pesar de que a pandemia sanitaria divida os galegos.

A axenda de eventos arrincará coa plantación dunha filla da 'Figueira de Rosalía' no Parlamento de Galicia ás 09,30 horas, á que seguirá un acto institucional, ademais doutro na Praza de Vigo ás 11,00 horas, no lugar onde naceu a autora.

Ademais dunha plantación no 'Parque do Recordo' do Pazo de Faramello en Rois, a Fundación organiza unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía en Padrón ás 13,00 horas.

Doutra banda, a encagada de facer o 'Caldo de Gloria', iniciativa inspirada no poema 'Miña casiña, meu lar', foi a cociñeira Lucía Freitas do restaurante A Tafona, que editou un vídeo inspirándose na súa versión da receita.

Outras institucións, como as Deputacións da Coruña e Pontevedra, sumaranse tamén á conmemoración da xornada.

A institución provincial coruñesa destaca o Festival Rosalía, coa participación de figuras como a música Uxía, a escritora María Reimóndez e o percorrido sobre o territorio da vida da autora.

A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, celebrará actos ás 12,00 e as 19,00 horas en Vigo e Pontevedra, respectivamente, nas sedes provinciais de ambas as cidades.

Estes actos contarán con representantes do mundo da cultura, a arte, a igualdade e a comunidade escolar e de representantes políticos como a presidenta provincial, Carmela Silva, e os alcaldes Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta