Evacuado en helicóptero un home ferido por quedar atrapado debaixo dun tractor en Calvos de Randín

Tamén na tarde deste venres, un home resultou ferido de consideración ao sufrir unha caída desde unha altura de cinco metros cando traballaba nunha canteira de Carballeda de Valdeorras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Un home foi evecuado de urxencia en helicóptero ata un centro hospitalario tras quedar atrapado debaixo do tractor que conducía en Calvos de Randín.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o incidente tivo lugar ás 17,45 horas deste venres, cando o ferido se precipitou co tractor por un terraplén nunha zona de monte situada no lugar de Vilar.

Ata o lugar do accidente mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061, que trasladou á vítima ata un centro hospitalairo.

Tamén na tarde deste venres, un home resultou ferido de consideración ao sufrir unha caída desde unha altura de cinco metros cando traballaba nunha canteira de Carballeda de Valdeorras.

En concreto, o accidente laboral produciuse na parroquia de Santa Cruz minutos despois das 13,00 horas. Neste suceso tamén interveu o helicóptero do 061, que procedeu á evacuación do operario ata un hospital.

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta