Bulo: ningunha "orca" atacou a un navalleiro en Galicia

Unha coñecida web que crea noticias falsas difundiu este bulo que está circulando moi rápido entre as redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 04/03/2021 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

"A primera hora de la mañana un navalleiro de la cofradía de Fisterra ha sido atacado por una orca mientras buceaba recolectando el preciado marisco.

Candorcas
Candorcas | Fonte: EUROPA PRESS - CIRCE - Arquivo.

La víctima fue evacuada al puerto de Fisterra por sus propios compañeros y de ahí derivado al CHUS de Santiago por el helicóptero Pesca 2 del servicio de guardacostas de Galicia con pronóstico reservado".

Esta foi a suposta nova publicada por un coñecido portal que se adica a crear noticias falsas: nsfnews.com. A pesar da súa falsidade a noticia está a circular moi rápido entre as redes sociais e dando lugar a moitos malentendidos. Fontes do mundo marisqueiro e da CEMMA desmentiron xa este bulo e denuncian que "estase xogando co medo".

Esta noticia falsa difúndese poucos días despois de que varios mariñeiros e pescadores deportivos de Fisterra se teñan atopado este domingo cunha manda de candorcas á saída do porto. Algúns animais chegaron a colocarse ao caron ou debaixo os cascos. 

Os biólogos e científicos mariños insisten que este tipo de cetáceos non son periogosos e recomendan non interactuar con eles. Nos ultimos meses aumentou o seu avistamento en Galicia a causa do cambio climático.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta