O BNG pide frear o "espolio" do territorio cunha moratoria eólica

"Toda Galicia está en perigo, xa que a afectación do territorio que poden ter estes proxectos é moi preocupante", segundo indicou a europarlamentaria Ana Miranda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, reclama unha moratoria eólica que poña freo ao "espolio" do territorio, debido a un modelo baseado nunha "burbulla semellante á urbanística".

"Pomos en dúbida o modelo que quere implantar o PP porque ten un claro prexuízo para Galicia, sostén Miranda, quen critica que os proxectos previstos incumpren diversas directrices comunitarias.

Así se expresou tras un encontro con representantes de diversos colectivos integrados na plataforma Aldeas con Horizonte.

"Toda Galicia está en perigo, xa que a afectación do territorio que poden ter estes proxectos é moi preocupante", segundo indica, tanto desde o punto de vista ambiental como patrimonial, hídrico, de recurso agropecuarios".

A este respecto, lembra que xa foron presentadas preguntas dirixidas á Comisión Europea sobre os parques proxectos nas Salgueiras --que afecta os municipios coruñeses de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica--, así como de Rebordechao e Prado --que afectan a diversos municipios da provincia de Ourense--.

Eólicos de Paradela
Eólicos de Paradela | Fonte: Cedida - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta