Os casos activos en centros educativos redúcense a 642, pero soben a 34 as aulas pechadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2021 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus en centros educativos galegos manteñen a tendencia descendente tras baixar a 642, aínda que as aulas pechadas incrementáronse lixeiramente ata 34.

Segundo datos actualizados este sábado polo Sergas, o número de positivos reduciuse en 56 no último día ata os 642, aínda que as unidades clausuradas aumentaron en dúas ao pasar de 32 a 34.

Os casos de COVID-19 diminuíron en todas as áreas sanitarias, fóra de na de Pontevedra, onde se manteñen en 95, o mesmo número rexistrado nos datos recolleitos no último balance.  Os centros da área sanitaria coruñesa representan os que suman máis persoas contaxiadas, 270 (17 menos) e as aulas pechadas mantéñense en oito. O centro con máis positivos é o IES Monte das Moas da Coruña, que ten 17 e unha aula pechada; seguido polo CEIP Ponte dos Brozos Arteixo (A Coruña), que suma 11 contaxiados e dúas unidades clausuradas.

Pontevedra é a seguinte zona con máis casos, que se manteñen en 95, e contabiliza oito aulas clausuradas. O centro máis afectado é o IES Illa de Tambo de Marín (Pontevedra), con oito positivos e dúas unidades pechadas.

Séguelle a área sanitaria de Vigo, que rexistra 91 positivos (12 menos) e sete aulas pechadas (unha máis). Algúns dos centros máis afectados son o CPR Plurilingüe Compañía de María de Cangas (Pontevedra) e o CPR Martín Códax da urbe olívica, que suman seis e cinco contaxiados, respectivamente.

A área de Santiago conta con 67 persoas con coronavirus (11 menos) e dúas aulas pechadas (unha menos). O CPR Plurilingüe La Salle permanece como o máis afectado da zona, con cinco positivos, pero sen unidades clausuradas.

Nas demais áreas, Ferrol rexistra 51 positivos (nove menos) e cinco aulas afectadas (unha menos), Lugo suma 44 persoas contaxiadas (15 menos)e unha unidade pechada e en Ourense os casos baixan nun ata os 24 e mantéñense en tres as aulas clausuradas.

Escolares debuxando nunha aula.
Escolares debuxando nunha aula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta