A RAG impulsará o legado feminista de Pardo Bazán cun ciclo de conferencias

A casa museo da escritora será escenario dun ciclo de conversas con mulleres referentes en distintos eidos profesionais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán inaugura este xoves un ciclo de conversas con mulleres referentes en distintos ámbitos, un acto coincidente coa semana do 8M e que chega pouco despois de que o Goberno central lle negara á Xunta de Galicia a posibilidade de usar o Pazo de Meirás como escenario para a reivindicación institucional do 8M. 

Sede da RAG e Museo Emilia Pardo Bazán. MITMA - Arquivo
Sede da RAG e Museo Emilia Pardo Bazán. MITMA - Arquivo

A Casa-Museo da prolífica autora nada den Galicia dará comezo a estas conferencias coa alcaldesa da cidade da Coruña, Inés Rey. A ela seguirana outras mulleres consideradas referencias a seguir en cadanseu ámbito: estará a académica Marilar Aleixandre, a música Susana Seivane; a delegada de Facenda en Galicia, Imelda Capote; a vicevaledora do Pobo e escritora, María Xosé Porteiro; a xefa de Urxencias do CHUAC, María de la Cámara; a artista Soledad Penalta e a que foi a primeira directora da Radio Galega, Rosa Martínez.

Os encontros estenderanse así ata o mes de decembro e, mentres a situación sanitaria se manteña nas circunstancias actuais, serán celebrados online a partir das 18h na canle de Youtube da Concellería de Cultura do Concello da Coruña. O ciclo estará inaugurado polo presidente da RAG e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes e pretende retratar o avance do feminismo "cen anos despois" de Emilia Pardo Bazán; reivindicada nestas semanas como figura protofeminista, unha defensa non exenta de críticas polo suposto "branqueamento" do pasado franquista do Pazo de Meirás, entre outras cuestións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta