UNICEF realizará estudo en Galicia sobre o impacto da tecnoloxía nos nenos e adolescentes

O estudo recollerá datos de todas as comunidades autónomas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Baixo a dirección metodolóxica do profesor Antonial Rial  Boubeta, da Facultade de Psicoloxía da Universidade Santiago de Compostela, realizouse un estudo sobre o impacto da tecnoloxía na poboación adolescente. Promovido pola UNICEF, o traballo pretende reunir datos de máis de 100,000 mozos entre 11 e 17 anos. 

Rapaces ante un ordenador
Rapaces ante un ordenador | Fonte: Pixabay

O presente estudo converterase nunha das mostras máis importantes a nivel internacional deste campo. Ademais de recoller datos de todas as comunidades autónomas, o “deseño  muestral terá unha marxe de erro  bajísimo”, segundo indica o profesor Rial.

Toda a investigación estará monitorada por un plan de expertos internacionais, entre os cales se atopan asesores científicos de institucións como  Harvard  Medical School,  European  Monitoring Centre  for  the  Drugs  and  Drug  Addiction, UNESCO e diferentes universidades europeas, como a de Sevilla, País Vasco e Dublín.

A nivel estatal, o informe poñerase ao dispor das diversas institucións. “Non só datos obxectivos referidos a hábitos e patróns de uso, senón tamén de motivacións, crenzas e expectativas, que axuden a comprender mellor o papel que a tecnoloxía ocupa na vida das nosas fillas e fillos e, en consecuencia, deseñar estratexias de prevención máis eficaces”, comenta o profesor.

O estudo tamén contará coa participación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñería Informática. Esta entidade conta con experiencia en actividades sobre o uso seguro da tecnoloxía dirixido a mozas e familias.

PERIGOS DA TECNOLOXÍA 

A nova era do teletraballo e as clases en liña impulsou a venda de dispositivos tecnolóxicos. Segundo  NPD  Group, a venda de  webcams incrementouse un 179 % en marzo e de acordo con  PCComponentes, a venda de portátiles rexistrou un repunte do 60 % en comparación ao mesmo período do 2019. 

A nivel mundial, as horas de conectividade dixital tamén aumentaron, o que preocupou a moitos especialistas. A consultora  GfK afirma que os españois investiron ata un 25 % máis de tempo na internet debido ao Covid-19. Así mesmo, en países como México, o uso da internet a través de teléfonos móbiles aumentou un 70 % desde o primeiro confinamento. 

Boubeta considera que os resultados deste informe reflectirán os grandes retos que ten a sociedade. Indica que o tema debe ser visto desde a saúde pública, xa que o obxectivo será achegar información valiosa sobre a prevención de uso e consumo da internet, videoxogos e redes sociais. Deste xeito, poderase comprender cales son os riscos e problemas derivados do abuso da tecnoloxía. 

Por outra banda, os datos deste estudo abordan a preocupación dos profesionais de saúde. Mediante a última enquisa sobre o uso de drogas en Ensinos Secundarios en España ( ESTUDES), calcúlase que o 20 % dos mozos entre 14 e 18 anos usan  compulsivamente o Internet.

Ademais, un artigo publicado en Computers  in  Human  Behavior, cifra nun 18,2 % a taxa de usuarios problemáticos entre 12 e 17 anos, sendo do 20,1 % na franxa de 14-15 anos e do 23,4 % na de 16-17 anos. Destes datos, conclúese o uso problemático da internet que estarían a facer na actualidade os menores en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta