O PSdeG culpa a Xunta da crise industrial en Ferrolterra e o BNG inclúe o Goberno central

Xornada de folga xeral na comarca, na que tamén participou o PP.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 10/03/2021 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou un "gran plan" no que participen todas as administracións para dotar de futuro ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, nas que este mércores se rexistrou unha folga xeral.

Anap Pontón, na manifestación en defensa da actividade industrial en Ferrolterra
Anap Pontón, na manifestación en defensa da actividade industrial en Ferrolterra | Fonte: BNG.

En declaracións aos medios durante a manifestación convocada en Ferrol polos sindicatos CIG, CC.OO e UGT, Gonzalo Caballero considerou necesario un "gran acordo político" para debuxar un plan de futuro para estas comarcas, no que participen o Estado, a Xunta, as administracións provinciais e locais. Ademais, apelou a todas as empresas que "lle poidan dar futuro á zona".

"Imos traballar para defender os intereses de Ferrolterra, para que tras unha década na que se foron perdendo moitos avances, reorientese o futuro", incidiu o político socialista, que tamén emprazou á Xunta a ter "unha política industrial" xa que, conforme lembrou, "ten todas as competencias".

"Queremos traballar e dar solucións", afirmou o secretario xeral do PSdeG, que subliñou que a súa preocupación é o "futuro da xente da comarca", á que é necesario "darlle futuro industrial, no emprego, investimentos desde o ámbito público e privado". "Así llo pedimos ao Goberno de España, á Xunta e ao resto de administracións nese gran pacto", apuntou.

Xunto a Gonzalo Caballero estivo o alcalde de Ferrol, Ángel  Mato, quen fixo un chamamento a todas as administracións a que traballen de forma urxente na reindustrialización e a reactivación económica destas comarcas.

"Espero que a partir de mañá todos se poña a traballar connosco para que a industria de Ferrol non se perda, xa que sempre fomos unha zona industrial e ningunha das administracións pode permanecer impasible ante o que aquí está a suceder", manifestou o rexedor.

BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou á Xunta e Goberno central de "tomar decisións que están a converter Ferrolterra nun deserto industrial", onde "a única alternativa" para a xente "é emigrar".

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato; o rexedor das Pontes, Valentín González Formoso; e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSOE A Coruña
O alcalde de Ferrol, Anxo Mato; o rexedor das Pontes, Valentín González Formoso; e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSOE A Coruña | Fonte: Europa Press

Así se expresou minutos antes de participar na manifestación a líder nacionalista, quen acusa ás administracoines de tomar "decisións políticas" que levaron a esta situación, "por non apostar por unha transición enerxética xusta, nin por darlle carga de traballo ao sector naval, nin por fortalecer sectores industriais que teñan futuro nesta comarca".

"Ferrolterra non se afunde, afúndena as decisións políticas da Xunta e do Goberno central, é dicir, do Partido Popular e do Partido Socialista, e esta folga é un golpe enriba da mesa que o que está a dicir é que queremos ter futuro na nosa terra e en Ferrol", sostén.

PP

O presidente do Partido Popular de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acusou o Goberno central de "pór contras as cordas" a toda a comarca de Ferrolterra coas súas decisións, en referencia á falta de carga de traballo no sector naval, a situación que se vive na central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez e o peche da planta de pas para aeroxerador de Siemens Gamesa nas Somozas.

"Ferrol está a pasar unha situación moi difícil e, por iso, desde o Partido Popular queremos implicarnos nas mobilizacións, porque non podemos mirar para outro lado mentres as nosas bancadas e outras actividades económicas quedan sen traballo", sostén Rey Varela.

ALCALDE DAS PONTES

Á marcha tamén acudiu o secretario xeral do PSOE coruñés e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen reclamou "programas e medidas inmediatas" para a reactivación industrial e laboral da comarca.

Conforme sinalou o PSOE coruñés, González Formoso asegurou que "máis aló de visitas, as administracións con competencias teñen que pór encima da mesa medidas concretas para favorecer a implantación de proxectos".

"Estamos nunha xornada reivindicativa na que unha comarca enteira quere chamar a atención de que ten competencias, a Consellería de Industria e o Ministerio de Industria, para que programen e activen iniciativas para reactivar industrial e laboralmente esta zona", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta