Como sería unha Galicia pospetróleo?

Unha guía prepara ao pobo galego para o Peak Oil. Será sufragada a través do financiamento colectivo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/09/2013 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Como será Galicia dentro de 50 anos cando non haxa petróleo?. Baixo esa premisa a Asociación Véspera de Nada editará unha "Guía para o descenso enerxético" que pretende servir para a preparación colectiva do pobo galego diante dun suceso histórico como é o teito ou cénit da extracción mundial de petróleo, o que se coñece en inglés como o Peak Oil.

Ilustración da Guía do descenso enerxético
Ilustración da Guía do descenso enerxético

En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas deixará de ser viable, precisamente, pola fin do petróleo, o combustible sobre o que se basea a práctica totalidade da industria moderna. "Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de continuar co actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria", indica este colectivo.

Unha Galicia sen petróleo

O seu obxectivo é "actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais" para cando xa non haxa petróleo.

Por iso, esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a "fin da Era da Abundancia e do Crecemento", ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que mudará a sociedade galega e a súa economía, o consumo enerxético, o transporte, a alimentación, a saúde, a vivenda ou a educación "para construír unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo".

Esta guía será publicada grazas ao financiamento colectivo. A forma de facelo é participando no crowdfunding que a Asociación Véspera de Nada pon en marcha en Verkami este 17 de setembro e que durará 40 días. Máis información na súa web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Camba

Dentro de 50 anos? Parece que vai ser moito antes. Vistes a gráfica publicada en http://galiza.pospetroleo.com/que-e... ??

1 Supercadelo

Bueno, suponho que repartirán LA VOZ DE GALICIA en carromatos e o plató de LUAR será unha plataforma móbil que percorrerá todos os currunchos da terra.