Patrimonio avalía os danos aos petróglifos de Campo Lameiro e estuda como restauralos

Os petróglifos foron danados polo uso abrasivo de pedras polos surcos que conforman esta composición de arte rupestre, segundo lembra o Consistorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Técnicos de Patrimonio da Xunta avaliaron o alcance dos danos ocasionados por un atentado sufrido por dous petróglifos de Laxe da Rotea de Mendo, ocorrido hai uns días na parroquia de San Miguel de Campo, en Campo Lameiro.

Segundo informa o Concello, "segundo parece, a intención de Patrimonio é avaliar en profundidade os danos ocasionados para que técnicos do departamento de restauración procedan a recuperar, o que se poida".

Os petróglifos foron danados polo uso abrasivo de pedras polos surcos que conforman esta composición de arte rupestre, segundo lembra o Consistorio.

Pola súa banda, o alcalde, Carlos Costa, segue "moi de preto" a evolución e a Garda Civil é a encargada de facer "as pescudas necesarias" para localizar aos autores do atentado.

De feito, o rexedor instou aos corpos e forzas de seguridade a "redobrar os seus esforzos para dar co paradoiro dos responsables desta actuación para que respondan ante a xustiza".

Costa confía en que a pericia dos restauradores sexa capaz de recuperar "ao máximo posible" os petróglifos porque "forman parte do patrimonio non só de Campo Lameiro senón de todos os galegos".

Imaxe dos petróglifos de Campo Lameiro. CONCELLO
Imaxe dos petróglifos de Campo Lameiro. CONCELLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta