Manuel Rivas e Fátima Pego conversan este xoves nunha nova edición de 'Referentes'

Enmárcase dentro dunha proposta audiovisual impulsada pola Deputación da Coruña. Podera seguir en YouTube e Facebook.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O escritor Manuel Rivas e a cantante Fátima Pego protagonizarán a terceira edición de 'Referentes', unha proposta audiovisual da área de cultura da Deputación da Coruña, que terá lugar este xoves, 15 de abril, ás 20,30 horas. Este encontro, que está moderado por Marga Pazos, poderase seguir a través das contas de Youtube e Facebook da área de cultura da Deputación da Coruña, da que se encarga Xurxo Couto.

Na charla falarán da paixón coa que afrontan a vida e ofrecerán ao público unha oportunidade para ver a actualidade desde un novo prisma. Nun contexto de pandemia, abordarase a cultura como "máis dereito que nunca" a través deste proxecto que busca recuperar o diálogo amable e construtivo entre persoas con diferentes perfís e intereses. Fátima Pego, que triunfa nos escenarios coa Orquestra Panorama, presenta na TVG programas relacionados coa música e os espectáculos de Galicia, conversará co escritor coruñés Manuel Rivas, que publicou hai uns meses o seu novo libro, 'Zona a defender'.

Fátima Pego e Manuel Rivas con Marga Pazos en 'Referentes'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Fátima Pego e Manuel Rivas con Marga Pazos en 'Referentes'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta