Advirten do "gran engano" do PP co eucalipto: enmenda a súa lei para que haxa máis plantacións

Ecoloxistas aseguran que a "moratoria" ao eucalipto "permitirá que aumenten" as hectáreas desta especie. O PSdeG demandou a articulación de medidas para evitar unha "plantación masiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Montes e Ecoloxistas en Acción acusaron ao PP de tender "unha trampa" coa moratoria á plantación de eucaliptos en Galicia a través dunha emenda á recuperación de terras agrarias que, segundo estes colectivos, "permitirá que aumenten" as hectáreas desta especie.

As organizacións sosteñen, nun comunicado remitido aos medios este luns, que as emendas presentadas polos populares ao seu propio texto lexislativo "converten a moratoria nun basto engano, xa que permitirán que naqueles montes onde o eucalipto supere o 50% da masa forestal sexa plantada toda a superficie por esta especie invasora eliminando as restantes".

Neste sentido, aseguran que o fondo das enmiedas difire de co anunciado semanas atrás pois "garante ás empresas como mínimo a superficie de eucalipto que hoxe teñen". "Esta moratoria do PP non vai reducir o número de hectáreas de eucalipto, senón que permitirá que aumente", engaden os colectivos.

Así mesmo, sosteñen que o articulado das enmedas tamén abre a porta a que poida trasladarse a masa de eucalipto substituída a "outra superficie do mesmo monte", co que os titulares do terreo poderían plantar "a mesma superficie" de eucalitpos "eliminando noutra superficie" da zona.

Por tanto, consideran que a formulación "non" supón eliminar a superficie de eucalipto, senón que se limita a "cambialos de lugar", inciden os ecoloxistas, que consideran que "cousa distinta sería se ligado ao cumprimento da moratoria, a Consellería do Medio Rural realizase unha ordenación das plantacións que contemplase, entre outras cousas, a retirada desta especie nas zonas agrícolas, agrarias ou de protección ambiental".

PSOE ADVIRTE DE "PLANTACIÓN MASIVA"

Pola súa banda, en relación ao anuncio da moratoria, o PSdeG demandou a articulación de medidas para evitar unha "plantación masiva" de eucaliptos antes da entrada en vigor da medida avanzada pola Xunta e pendente de definir.

Para o deputado socialista Martín Seco, que anunciou a presentación dunha batería de iniciativas parlamentarias respecto diso, a forma de proceder da Xunta "incide no mercado dunha forma irresponsable", como reflicte que os viveiros "esgotaron as plantas de eucaliptos", ademais de provocar un aumento das tallas de piñeiro e outras especies para plantar eucaliptos antes de que estea prohibido.

Plantación de eucaliptos
Plantación de eucaliptos | Fonte: Coordinadora Ecoloxista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta