Evacuado un menor tras un incendio na cociña da súa vivenda na Coruña

O equipo sanitario trasladou o neno en ambulancia ata e un centro hospitalario para unha revisión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Un incendio declarado no interior dun piso da Rúa de San Vicente na cidade da Coruña saldouse cun menor de idade trasladado por precaución a un centro hospitalario. Segundo informou o 112, neste incendio ardeu algo de lixo da cociña e o menor foi evacuado ao Hospital Materno Infantil Santa Teresa da Coruña.

As mesmas fontes relataron que os feitos sucederon sobre as 20,00 horas deste pasado luns. O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba medios de extinción para controlar un incendio no interior dunha vivenda habitada. Tras iso, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros da Coruña. Finalmente, os equipos de extinción puideron controlar o conato de incendio e confirmaron que o equipo sanitario trasladou o neno en ambulancia ata e un centro hospitalario para unha revisión.

En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao menor ao Hospital Materno Infantil da Coruña. Este operativo tamén contou coa colaboración de axentes da Policía Local e, ademais, os membros de Protección Civil da localidade foron informados por se fose necesaria a súa actuación.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta