Carballeda de Valdeorras, O Grove e A Pobra seguirán confinados

Con nivel alto de restricións hai dez municipios e 17 en nivel medio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2021 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Carballeda de  Valdeoras, O Grove e A Pobra do Caramiñal seguirán baixo as máximas restricións, pois así o aconsellou este martes na súa reunión o comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia.

Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade
Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade | Fonte: Europa Press - Arquivo

A asemblea de expertos, informa un comunicado, determinou tamén o establecemento do nivel alto de restricións en dez municipios, que son os de Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

No medio, están as localidades do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Marín e Meaño.

No resto dos concellos estarán vixentes as restricións do nivel medio baixo. Todas estas medidas, sinala a nota, entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres próximo.

En Galicia son catro os niveis. O máximo é o máis severo pois implica peche perimetral e a hostalería permanecerá pechada, salvo para recollida. No nivel baixo, medio e alto, hai características comúns, pois a mobilidade está permitida entre todos os concellos destes niveis e a hostalería ten o tope de peche ás nove da noite.

Os aforos si varían, pois no alto só poden operar as terrazas e ao cincuenta por cento; mentres que no medio permítese 30% en interior e 50 en exterior, e no baixo 50% en interior e 75% en exterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta