Allariz non falla á súa tradicional celebración 'dos Maios'

Repetirase o formato de participación virtual do pasado ano e o prazo para enviar os Maios e as Coplas remata o 29 de abril.

Por X.M. Fernández | Allariz | 18/04/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un ano máis a tradicional Festa dos Maios e convida á participación do público, sen límite de idade, dentro das dúas modalidades principais: Coplas e Maios. E dentro desta última, distinguiranse outras dúas especialidades cos seus respectivos premios tamén: Maios Artísticos e Maios Enxebres.

Celebración dos Maios. Foto: Concello de Allariz
Celebración dos Maios. Foto: Concello de Allariz

Para inscribirse tanto na modalidade de maios como na categoría de coplas, ou en ambas, enviaranse en formato dixital 3 fotos en formato jpg do maio presentado e unha copia das coplas en formato pdf. O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de abril.

No correo deberán ir os seguintes datos, ademais do indicado antes: nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto e remitilas a cultura@allariz.gal indicando no asunto MAIOS 2021.

Respecto aos premios, por cada categoría premiaranse 3 traballos e terán unha compensación económica de 50, 40 e 30 € respectivamente.

As BASES completas de participación están publicadas na wen do Concello de Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta