O CESM logra que persoal eventual do Sergas cobre o mesmo complemento que o interino

O sindicato reivindica que estes traballadores realizan "as mesmas funcións que o persoal facultativo propietario e interino"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, CESM Galicia, valora que o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela estimase a demanda interposta por este sindicato, en nome dun especialista en Oncoloxía con vinculación eventual, e condenase ao Sergas ao abono do Complemento de Produtividade Variable (CPV) dos anos 2016, 2017 e 2018 e aos intereses de demora correspondentes que reclamaba o facultativo.

A través dun comunicado, este sindicato médico incidiu en que os seus servizos xurídicos lograron "nos últimos meses que varios profesionais eventuais cobren este complemento". Segundo explicou, a Asesoría Xurídica de CESM argumentou en defensa deste profesional de Oncoloxía que o persoal eventual "realiza as mesmas funcións que o persoal facultativo propietario e interino", polo que a falta de pagamento do CPV "supón unha clara discriminación con respecto aos facultativos estatutarios con praza en propiedade e os interinos".

A defensa esgrime que coa negación do abono deste Complemento "o Sergas vulnera o principio de igualdade e de confianza lexítima, rompendo así a regra da igual traballo, igual salario". Respecto da firma do compromiso de obxectivos, CESM incide en que "o Sergas vai contra os seus propios actos, xa que non ofreceu a estes facultativos asinar ese documento de obxectivos pola súa condición de persoal eventual".

Cos fallos xudiciais conseguidos pola Asesoría Xurídica de CESM Galicia, asegura este sindicato, "ábrese a porta a que moitos facultativos eventuais, que fosen vítima desta discriminación", poidan reclamar á Xustiza o abono do Complemento de Produtividade Variable "impagado pola Administración", conclúe.

O Sergas prosegue a vacinación de persoas maiores de 80 anos en Galicia.. SERGAS
O Sergas prosegue a vacinación de persoas maiores de 80 anos en Galicia.. SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta